O apartado de receitas da nosa páxina web, aquí atoparás saborosos manxares elaborados cos nosos produtos. Anímache e participa. Envianos a túa receita picando aquí
Recetas
-
Leite merengada
01, decembro
Ingredientes (4 persoas)
- Un litro de leite enteira.
- Duas claras de ovo.
- Un bastonciño de canela.
- A pel de un limón.
- 50 gramos azucre.
Elaboración
Fervemos a leite xunto a canela e a pel do limón.
Cando ferva, baixamos a temperatura do lume e cando baixe facémola subir de novo. Así ata tres veces.
Deixaremos a leite atemperar, engadimos o azucre e poñémola na neveira.
Batémolas dúas claras de ovo a punto de neve.
Unha vez fría a leite mesturámolos pouco a pouco con movementos envolventes coa leite e introducimos no conxelador durante 1 hora, sacamos do conxelador e consúmese como se fose unha crema xeada.¡BO PROVEITO!
-
Filloas de queixo
01, decembro
Ingredientes (4 persoas)
- 5 dl. de leite
- 100 g de fariña
- 2 ovos
- 400 gr de queixo
- Sal
- Pementa en grao
Elaboracion
Retiramos la codia do queixo e cortámolo en dados. Poñémolo nun cazo, quentamos a lume suave ata que se funda. Retiramos e reservámolo.Mesturamos os ovos,la fariña, o leite e 1 pizca de sal. Batemos ata obter unha masa homoxénea. Engraxamos unha tixola, poñemola a lume suave e vertemos un caciño da masa. Callamos por un lado ata que empezan a saír burbullas, dalle a volta e dora polo outro lado. Repetímola operación co resto da masa.Recheamos as filloas co queixo, dóbralas y ponas nunha fonte refractaria. Quéntaas durante 10 minutos no forno prequentado a 200ºC. Repártelas en 4 pratos e espolvore a pementa moída no momento de servilas.
¡BO PROVEITO!
-
Requeixón Sorpresa
01, decembro
Ingredientes (4 persoas)
- Froita variada
- Zume de limón
- 2 culleres de azucre
- 2 terrinas de Requeixón Loureiro
Elaboración
Limpamos a froita e partímola en trozos pequenos. Mesturamos a froita con unha das terrinas de Requeixón Loureiro, engadindo o zume de limón e o azucre. Poñemos a mistura en copas tipo xeado. Por último extendemos, sobre a mestura anterior a terrina de requeixón de forma que a froita quede totalmente cuberta. Adornamos con marmeladas de froitas.
¡BO PROVEITO!
-
Flan de requeixón Loureiro
29, novembro
Ingredientes (4 persoas)
- 2 terrinas de Requeixón Loureiro
- 500 gr. de leite
- 250 gr. de azucre
- 10 ovos
- 1cdta de vainilla
- azucre para caramelizar o molde
ElaboraciónPoñemos nun vaso os ovos e batémolos, despois engadimos o resto dos ingredientes e minturámolos. Ponémolo nun molde caramelizado e poñémolo a cocer nunha pota rápida durante 40 minutos, deixámolo refrescar durante unhas horas.
¡BO PROVEITO!
-
Torradas de requeixón e pemento
25, novembro
Ingredientes (4 persoas):
- 4 rebadas de pan
- 1 terrina de Requeixón Loureiro
- 8 tiras de pemento asado
- 4 anchoas
Elaboración:
Quentamos o forno a 180 ºC, ou acendémola tostadora, torramos o pan durante 5 minutos. Untámolo pan con Requeixón Loureiro, colocamos encima duas tiras de pemento por torrada. Rematámola torrada de Requeixón, colocando unha anchoa.
¡BO PROVEITO!
-
Vol au vent de requeixón e bacallau
25, novembro
Ingredientes (4 persoas):
- 4 vol au vents
- Mesturas de diferentes leitugas
- 1 terrina de Requeixón Loureiro
- 100 gr. bacallau desmigado desalado
Elaboración:
Co bacallau desmigado formamos unha masa, mesturando co Requeixón Loureiro. No fondo do vol au vent, poñemos unhas follas de leitugas, logo recheamos o resto coa masa feita anteriormente. Para adornar, podemos usar trozos de olivas picadas, ou especias.
BO PROVEITO!
-
Requeixón con mel de Galicia
25, novembro
Ingredientes (4 persoas)
- 4 terrinas de requeixón Loureiro
- Mel de Galicia a vontade
Elaboración
Volteamos as terrinas de Requeixón Loureiro no centro do prato. Ditas terrinas veñen preparadas, para que o voltealas quede unha forma ovalada e moi vistosa no prato. Engadimos mel a vontade, sobre o Requeixón Loureiro. Dita receita, podemos elaborala con doce de marmelo ou marmeladas de diferentes sabores, sendo unha combinación perfecta, o Requeixón Loureiro xunto con marmelada de moras silvestres.
¡BO PROVEITO!