A Cooperativa

 

Situada na parroquia de Loureiro, concello do Irixo a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro creouse no ano 1966.

No seu comezo, a finalidade era a venda de gando, con isto tentábase axudar ós máis de 50 socios pertencentes á cooperativa a evitar os intermediarios que participan na venda dos animais.

A finais do ano 1968, comeza a produción de leite.

En 1976 o ministerio de Industria concédelle o título de central leiteira, producindo leite envasada en botellas de cristal.

A evolución da cooperativa continúa coa elaboración de queixos de forma artesanal. Pouco despois o método de envasado do leite pasa da botella a ser envasado en bolsas de polietileno, a coñecida como "leite do día". 

Pouco despois comézase coa fabricación de iogur con bifidobacterias.

No ano 1998, Cooperativa Santa Mariña de Loureiro,  lanza ó mercado o primeiro kéfir de leite de vaca fabricado en Galicia.

Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, caracterizouse desde os seus inicios, por ser un elemento dinamizador socio-cultural do seu contorna, realizando non só labor de empresa, senón labor social, ó organizar multiples actividades educativas e culturais para mozas e maiores, potenciando así a formación dos seus integrantes.

O noso Fundador

D. Antonio González Bernárdez, naceu en Loureiro, Ourense, no ano 1931. Desde a súa infancia manifesta a súa vocación cristiá, o que lle leva a dedicar a súa vida aos demais como sacerdote.

No ano 1965 toma posesión como párroco de Loureiro, envorcándose na evolución do seu pobo.

En 1966  funda a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, destinándoa á venda de carne. As inquietudes do noso fundador por mellorar a calidade de vida das súas xentes, fan que unha vez estudado o mercado existente, decántese pola produción leiteira.

Ós poucos,  leva a cabo novos servizos, co fin de facilitar o labor do gandeiro, así se constitúe unha fábrica de pensos.

Ademais diversifica a produción con novos produtos, sempre respectando a máxima de ofrecer produtos frescos, sans e de calidade, sen aditivos nin conservantes.

Na actualidade, D. Antonio, o noso honorable fundador, goza da súa xubilación, sen minguar o seu traballo de loita polos demais, sendo párroco de diversas parroquias e alicerce de apoio fundamental para a nosa comunidade.

No hay información

Web Design by Domestika