Málaga, 15 de Xaneiro de 2010
Estimados Señores:
Quero felicitalos pola calidade do leite fresco pasteurizada e enteira que comercializan, co nome de Loureiro.
Resulta xa case imposible tomar en Galicia un bo vaso de leite de vaca, fresca.
A de vostedes é deliciosa.
Agardo que un día ese sagrado líquido branco sexa declarado Patrimonio da Humanidade.Mentres tanto seguirei gozando en cada viaxe a Galicia do voso leite, tan exquisito como o polbo, o albariño, o caldo galego ou as castañas asadas.
Aproveito para saudarlles
Atentamente
Vigo, 15 de xullo de 2005
Estimado Sr. Xerente:
Desde hai xa un tempo que tiben o pracer de degustar os seus iogures naturais, foi para min unha gran sorpresa o probalos. Hoxe en día, a gran maioria, por non dicir todos, utilizan leite en po como un dos seus ingredientes principais. algunhas veces é tan esaxerado a cantidade que contén, que cando un saborea eses iogures, o unico que nota é un *monton de polvos na boca o final un decide non comprar, nin tomar iogures por tanta cantidade de ingredientes químicos que conteñen.
Pero chego unha especie de milagre nun supermercado de Gadis, decidinme a meter na cesta un iogur totalmente diferente o resto, un iogurt no que o seu envase non tiña malgastes de marketin e diseño, a diferenza do resto dos iogures. Era un deseño simple, sinxelo, en tons verdes, e co envase clasico dun iogurt dos de antes, de cando os iogures tomados na infancia, sabian a autenticos iogures, exactamente igual como o que vostedes elaboran na súa empresa.
Desde entón en casa non tomamos outro tipo de iogurt, é tan rico e tan saboroso que calquera outro sabe a pura química.
Con esta carta, quero darlles as mais sinceras GRAZAS por facer que poida gozar dun manxar tan exquisito, de loitar contra as grandes multinacionais e sacar á luz este fantástico produto nun mundo empresarial tan complicado e voraxine.
Teñen vostedes no meu un claro defensor e promocionador do seu produto, espero que nunca realicen un cambio de "mais beneficios x mais química" e que os custos das politicas de marketin non supoñan unha deficiencia na calidade nos seus iogures.
Novamente Grazas por pór na miña boca tan magnifico produto.
Atentamente