Benvidos

O apartado de receitas da nosa páxina web, aquí atoparás saborosos manxares elaborados cos  nosos produtos. Anímache e participa. Envianos a túa receita picando aquí

Recetas

  • Leite merengada

    Ingredientes (4 persoas)

    • Un litro de leite enteira.
    • Duas claras de ovo.
    • Un bastonciño de canela.
    • A pel de un limón.
    • 50 gramos azucre.

    Elaboración

    Fervemos  a leite xunto a canela e a pel do limón.
    Cando ferva, baixamos a temperatura do lume e cando baixe facémola subir de novo. Así ata tres veces.
    Deixaremos a leite atemperar, engadimos o azucre e poñémola na neveira.
    Batémolas dúas claras de ovo a punto de neve.
    Unha vez fría a leite mesturámolos pouco a pouco con movementos envolventes coa leite  e introducimos no conxelador durante 1 hora, sacamos do conxelador e consúmese como se fose unha crema xeada.

    ¡BO PROVEITO!

  • Filloas de queixo

    Ingredientes (4 persoas)

    • 5 dl. de leite
    • 100 g de fariña
    • 2 ovos
    • 400 gr de queixo
    • Sal
    • Pementa en grao

    Elaboracion

    Retiramos la codia do queixo e cortámolo en dados. Poñémolo nun cazo, quentamos a lume suave ata que se funda. Retiramos e reservámolo.Mesturamos os ovos,la fariña, o leite e 1 pizca de sal. Batemos ata obter unha masa homoxénea. Engraxamos unha tixola, poñemola a  lume suave e vertemos un caciño da masa. Callamos por un lado ata que empezan a saír burbullas, dalle a volta e dora polo outro lado. Repetímola operación co resto da masa.Recheamos as filloas co queixo, dóbralas y ponas nunha fonte refractaria. Quéntaas durante 10 minutos no forno prequentado a 200ºC. Repártelas en 4 pratos e espolvore a pementa moída no momento de servilas.

    ¡BO PROVEITO!

  • Requeixón Sorpresa

    Ingredientes (4 persoas)

    • Froita variada
    • Zume de limón
    • 2 culleres de azucre
    • 2 terrinas de Requeixón Loureiro

    Elaboración

    Limpamos a froita e partímola en  trozos pequenos. Mesturamos a froita con unha das terrinas de Requeixón Loureiro, engadindo o zume de limón e o azucre. Poñemos a mistura en copas tipo xeado. Por último  extendemos, sobre a mestura anterior a terrina de requeixón de forma que a froita quede totalmente cuberta. Adornamos con marmeladas de froitas.

    ¡BO PROVEITO!

  • Flan de requeixón Loureiro

    Ingredientes (4 persoas)

    • 2 terrinas de Requeixón Loureiro
    • 500 gr. de leite
    • 250 gr. de azucre
    • 10 ovos
    • 1cdta de vainilla
    • azucre para caramelizar o molde


    Elaboración

    Poñemos nun vaso os ovos e batémolos, despois engadimos o resto dos ingredientes e minturámolos. Ponémolo nun molde caramelizado e poñémolo a cocer nunha pota rápida durante 40 minutos, deixámolo refrescar durante unhas horas.

    ¡BO PROVEITO!

  • Torradas de requeixón e pemento

    Ingredientes (4 persoas):  

    • 4 rebadas de pan 
    • 1 terrina de Requeixón Loureiro 
    • 8 tiras de pemento asado
    • 4 anchoas  

    Elaboración:

    Quentamos o forno a 180 ºC, ou acendémola tostadora, torramos o pan durante 5 minutos.   Untámolo pan con Requeixón Loureiro, colocamos encima duas tiras de pemento por torrada.    Rematámola torrada de Requeixón, colocando unha anchoa.   

    ¡BO PROVEITO!

  • Vol au vent de requeixón e bacallau

    Ingredientes (4 persoas):

    • 4 vol au vents
    • Mesturas de diferentes leitugas
    • 1 terrina de Requeixón Loureiro
    • 100 gr. bacallau desmigado desalado

    Elaboración:

    Co bacallau desmigado formamos unha masa, mesturando co Requeixón Loureiro. No fondo do vol au vent, poñemos unhas follas de leitugas, logo recheamos o resto coa masa feita anteriormente.    Para adornar, podemos usar trozos de olivas picadas, ou especias.

    BO PROVEITO!

  • Requeixón con mel de Galicia

    Ingredientes (4 persoas)

    • 4 terrinas de requeixón Loureiro
    • Mel de Galicia a vontade

    Elaboración

    Volteamos as terrinas de Requeixón Loureiro no centro do prato. Ditas terrinas veñen preparadas, para que o voltealas quede unha forma ovalada e moi vistosa  no prato. Engadimos mel a vontade, sobre o Requeixón Loureiro. Dita receita, podemos elaborala con doce de marmelo ou marmeladas de diferentes sabores, sendo unha combinación perfecta, o Requeixón Loureiro xunto con marmelada de moras silvestres.

    ¡BO PROVEITO!

Web Design by Domestika