As nosas vacas, case como animais de compañía, reciben todo o coidado e mimo que os gandeiros da Cooperativa lles poden dar.

Non se trata de animais criados en granxa, atados, consumindo pensos artificiais, e sendo forzados normonalmente a producir canto máis leite mellor.

As nosas vacas corretean diariamente polos pastos dos nosos pobos, gozando de sentirse libres, alimentándose a base de pastos verdes e naturais, así como de cereais, sen ningún tipo de fitosanitario, seguindo así os criterios da produción ecolóxica.

Por todo isto, as nosas vacas leiteiras son a alma da nosa Cooperativa, grazas á súa vida tranquila e relaxada, producen o mellor leite que nós podemos ofrecer aos nosos clientes.

Non hai clientes
Web Design by Domestika