Produtos naturais Loureiro

Na Cooperativa Santa Mariña de Loureiro dedicámonos á fabricacion e venda de produtos lácteos naturais. Co leite da nosa cabana gandeira elaboramos leite pasterizada e derivados lácteos, obtendo iogur, kéfir, requeixo e queixo de calidade inigualable.   Nos tempos que vivimos, a boráxine quere atrapar os nosos sentidos, pero en Cooperativa Santa Mariña de Loureiro apostamos polo tradicional, un produto100% natural, sen conservantes, nin colorantes, porque un produto de calidade non necesita aditivos. 

Máis info

Aposta pola calidade e o tradicional

 

Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, componse de homes e mulleres cunha clara aposta polo natural.   Os nosos gandeiros, son os nosos cooperativistas e son eles os que fan que o produto final sexa delicioso grazas ó mimo e coidado que dedican para a obtención da materia prima. Os seus animais pastan diariamente nos prados dos diversos pobos de Loureiro, gozando das flores primaverais ou a herba fresca do outono. Este amor pola terra, fai que a nosa Cooperativa poida presumir de que os seus gandeiros entenden e abrazan a agricultura ecolóxica.   Esta alimentación confire o sabor natural do produto final, xa que durante o proceso de elaboración non se dispón de ningún tipo de aditivo, o que provoca que o produto sexa diferente segundo a época do ano, podendo gozar dos sabores que a natureza nos achega.

Web Design by Domestika