Loureiro participa en Bioterra

martes 15 de julio, 2008

Loureiro participa en Bioterra

Loureiro participó en la I feria de Bioterra ofreciendo sus productos

  A feira 'Bioterra' oferta un abano de productos naturais A Praza Maior acolle postos de mel, queixo, cosmética e un banco de intercambio de sementes X.A. REBOIRO. CARBaLLIÑO - - 06-06-2010

A celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coincidiu coa inauguración en Carballiño da feira 'Bioterra 2010', unha iniciativa da Asociación Cultural Pepa Loba que conta coa colaboración do Concello. Máis de vinte postos instalados na Praza Maior da vila son un escaparate tanto dos productos autóctonos coma da artesanía galega, todos eles baixo a calificación de naturais.

Así, pódese atopar dende queixo elaborado con leite de ovella e cabra ata mel e licores, ademais de xoias, cremas e xabóns de cosmética, entre outras variedades. Incluso, nunha das casetas convidábase ós asistentes a un viño tinto sen aditivos co nome da asociación xuvenil 'Xesta', un colectivo que, según o seu presidente, Juan José Nogueira, tenta 'involucrar ó sector da hostelería na realización de rutas naturais pola comarca, co obxectivo de promocionar o turismo'.


RECLICLAXE

O programa de actividades completouse cun taller para o recoñecemento das prantas mediciñais e dúas charlas informativas, na Casa do Concello, encol das experiencias de grupos de consumo 'responsable', radicados na cidade pontevedresa de Vigo. A cita ecolóxica continuará hoxe cun taller de cestas, elaboradas con materiales de refugallo, e unha conferencia de representantes de 'Amigos da Terra', grupo ecoloxista de Ourense que informará os presentes sobre as vantaxes da reciclaxe e selección de materiais de reciclaxe. A feira será clausurada hoxe, e os os organizadores confían nunha boa acollida por parte de veciños e visitantes'.

Subir
Diseño Web Domestika